ENTREVISTA - CENTENARIO

"A Ponte Nova é a ponte da burguesía ourensá e do progreso, sempre fun o seu admirador"

img_2011ss
photo_camera César Taboada, ca súa lámina durante a presentación dos actos.

O pintor e director da Escola de Arte Antonio Faílde, César Taboada, regala aos lectores a súa mirada artística da Ponte Nova. Unha lámina gratuíta que se pode conseguir mañá cos exemplares de La Región

O pintor e director da Escola de Arte Antonio Faílde, César Taboada, regala aos lectores a súa mirada artística da Ponte Nova. Unha lámina gratuíta que se pode conseguir mañá cos exemplares de La Región e que inicia unha saga de once visións de creadores locais. As obras publicaranse cada mércores, con motivo do centenario desta obra de enxeñaría que constitúe un dos símbolos da cidade. Taboada invita aos ourensáns ao silencio e ao relax en augas transparentes, á lectura, aos paseos... toda actividade que se preste a facer baixo a ponte dos cen anos.

Como representa a ponte?

A idea é darlle un aire novo á zona, quero representar o hábitat da área do río. Penso que o río é o noso motivo singular de Ourense. A orografía das cidades  debe respetarse sempre e o Miño ten moitos elementos esóxenos que entorpecen esa vista tan marabillosa que, sen embargo, porén, máis abaixo, na confluencia entre a carretera de Vigo e Ribadavia vese con máis claridade. 

Na lámina dalle importancia aos tonos azuis, á auga...

Si. Doulle moita importancia á auga porque o Miño é un dos ríos máis caudalosos de España, é a representación máis clara diso que se di de que Galicia é a terra dos mil ríos. En tempos non moi lonxanos, era un sitio onde se verquían residuos, aceite das máquinas de Renfe e todo tipo de lixo. E grazas á civilización, que nos vai marcando, mellorou.  Pero queda moito por facer no ámbito urbanístico. O río debería ter unhas balconadas ao seu redor, sobre todo entre as áreas da Ponte Vella e a Ponte Nova, que hai 20 anos houbera sido moi fácil recuperar. Por iso eu na lámina quero representar só o follaxe que lle da un pouco de agarimo, de sombra, onde a xente se pode sentar, ler, pasear un can ou ir en bici. É un sitio natural coidado, diáfano, sen silveiras, que non de medo. Alí non debería haber maleza.

Gústalle a Ponte Nova?

Sempre fun un admirador da Ponte Nova. É a ponte da burguesía de Ourense, do progreso, cando antes só era unha cidade medieval. A finais do século XIX e comezos do XX, empezou a xerar bancos, comercios, intercambios...Ourense era unha cidade con moito movemento de negocios e comezou ese tránsito que o converteu en vía de comunicación. Ourense gañou entonces outra perspectiva, antes era só a rúa Santo Domingo e os aledaños. 

Cre que a infraestutura envelleceu ben?

Sempre me pareceu unha infraestrutura singular.  Fun moitas veces en biciclta cando existían soamente carreiros e chamoume a atención a singularidade e a potencia dos arcos, un deseño "art deco" extraordinario. É unha estrutura poderosa que persiste todo tipo de comentarios negativos. A  Torre Eiffel non lle gustaba a ninguén ao principio, pero os cidadáns pronto se acostumaron a ela e hoxe é o símbolo dunha cidade.   A enxeñaría da Ponte Nova é é singular e perfecta e o Milenio é unha obra monumental, aínda que para o espectador pode ser moi próxima unha ponte da outra, restándolle importancia.

Que recordos de infancia conserva da centenaria ponte?

Moitos. Recordo cruzar a metade do río nadando. Aínda estiven fai pouco cuns profesores de intercambio da India que estaban admirados polas augas tan transparentes. 

E como panorámica, como lugar de paseo ou mirador do viaducto do tren?

Teño pasado máis en coche. Quizáis se fora alumno do instituto sí tería ese recordo de pasar camiñando. En coche sempre miro a altura da auga, os lados, as rocas–que aínda non se limparon–, comtémploa cunha conxugación entre o verde das follas e todo o que a rodea dunha forma harmoniosa entre a auga e a terra. Cando vexo que baixa moito o río sempre digo: que pena.

Como director da escola Antonio Faílde, ten contacto cas novas xeracións. Danlle importancia artística á cidade? Son creativos en torno a ela?

Si. Proba dilo é que dous alumnos teñen imaxes excelentes: Xoán Baltar e David Rubín, que xa eran bos artistas cando estaban na escola e agora son moito mellores. Enorgullécenos que estiveran por aquí.

Que lle parecen as láminas dos seus ex-alumnos?

Parécenme extraordinarias. No caso dun e doutro é unha visión peculiar e moi profesional. Dende a escola de arte ponnos contentos de que se vaia renovando o panorama,  agora que temos estudos de catro anos e novas especialidades. É unha cousa boa que Ourense teña unha escola de arte viva e que nos preocupemos todos de mantela. Procuro que os estudos de arte teñan boa acollida, dame pena os que se van fóra a estudar. 

Que outros proxectos ten?

Temos unha colaboración con universidades dos Emiratos Árabes para facer unha exposición da Universidade de Zayed. Unha gran facultade da que temos os traballos da súa primeira xeración de artistas e queremos promocionalos ao máis alto nivel. A nivel académico, estamos estudando cómo facer os cursos de posgrao e que en breve se poidan poñer en marcha.

Te puede interesar