OCIO INFANTIL

Porto do Son acollerá a 80 nenos e nenas de Ourense nun campamento infantil

IMG_2963_result

Entre o 13 e o 20 de agosto, 80 rapazas e rapaces da provincia entre 9 e 14 anos irán a un campamento á localidade coruñesa

Porto do Son acollerá entre os días 13 e 20 de agosto a 80 nenos e nenas de Ourense no campemento infantil e xuvenil Virxe de Loreto. Unha actividade destinada a rapazas e rapaces entre 9 e 14 anos que viaxarán ata a localidade coruñesa para desfrutar do tempo libre a través de actividades creativas e da natureza. 

Das 80 prazas para o campamento, 50 serán para familias coas que se intervén de forma continuada ao longo do ano desde a Concellería de Asusntos Sociais a través da UNIS. As 30 restantes foron a un sorteo que se celebrou no Concello. O listado dos que obtiveron a praza se dará a coñecer nas webs do Concello e Xuventude,a demáis de falar coas familias para que completen a inscripción. 

Te puede interesar