POLÍTICA LOCAL

O PP critica que a alcaldesa de Castro Caldelas contrate ó seu fillo

A alcaldesa afirma que a crítica do grupo do PP "é unha falacia nun momento preelectoral"

O grupo municipal do PP en Cacstro Caldelas critica, a través dun comunicado, a política de contratación da alcaldesa socialista, "que amosando moi pouca ética e nun proceso de selección nada claro, contratou ao seu propio fillo", segundo denunciou o voceiro popular, Manuel Lage Blanco. 

Segundo o voceiro do PP, a alcaldesa dictou un decreto no que se resolvía a convocatoria "de carácter excepcional, para cubrir unha necesidade urxente  e inaplazado", segundo o texto do decreto, dun concurso de méritos para a contratacion temporal de tres peós.

"Para a nosa sorpresa", sinala Lage, "o propio fillo da alcaldesa foi unha desas tres persoas escollidas, mentres que outras cinco que non foron seleccionadas pasaron a formar parte dunha bolsa de traballo". O voceiro 'popular' califica esta decisión como "moi pouco ética" e denuncia o uso que a alcaldesa estaá a facer de fondos públicos procedentes doutras administracións.

A alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, sinalou que "se o PP cre que hai algunha irregularidade, que vaia ao zulgado". Engade que o seu fillo leva catro anos participando en procesos de selección convocados para formar parte das brigadas de verán. Este ano presentouse a un programa de autoemprego, a media xornada, "conseguindo o terceiro posto na selección. Pero da a casualidade que tamén se presentara para entrar na brigada helitransportada de loita contra os incendios, que non ten nada que ver co Concello, e foi seleccionado. Nesta traballa a xornada completa, polo que renunciou á brigada do Concello".

As acusacións do PP son "unha falacia nun momento preelectoral", así como "unha falla de respecto aos funcionarios que fixeron a selección e que seguiron uns baremos públicos e coñecidos", conclúe a rexidora.

Te puede interesar