Concello

O PP esixe unha nova intervención sobre os hórreos de Barbadás

Loiro (Barbadás). 18/02/2021. Veciños descontentos coa reabilitación de canastros cedidos ao concello na aldea de Loiro. 
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera Xesús Fariñas

Ao cruce de declaracións entre PSOE e BNG polo resultado da rehabilitación dos hórreos da Uxeira (Loiro), súmase o PP de Barbadás, primeira forza da oposición neste Concello. O grupo popular considera aos dous grupos "culpables e responsables do sucedido", e defende que "gobernaron xuntos durante o período de redacción do proxecto, contratación da empresa, certificacións de obra e desenvolvemento dos traballos". 

A OBRA, POR 53.000 EUROS

Esta intervención proxectouse no ano 2018 e realizouna o Concello a través do remanente de tesoureiría, saíndo a licitación por 85.000 euros. Despois foi adxudicada por 53.000. "O máis lamentable é que no seu momento o PP propuxo unha actuación na zona, centrada na igrexa románica de San Martiño (máximo expoñente cultural do municipio, e que na actualidade presenta un estado preocupante de deterioro), que abranguía ao conxunto etnográfico dos Canastros da Uxeira", engaden. Ademais, "esta actuación trataba de implicar a outras administracións (Deputación e Xunta) con máis capacidade para levar adiante unha intervención axeitada", matizan. Agora, acusan ao BNG de plantexar a rehabilitación "para sacar rédito político de cara ás eleccións de 2019, malgastando os cartos públicos de xeito neglixente".

Polo tanto, aseguran que a súa intención para o próximo pleno é "solicitar que se depuren responsabilidades políticas, administrativas ou da empresa, e, no caso de que non se acometan novas actuacións que subsanen as deficiencias actuais, se devolva a propiedade dos canastros aos seus cedentes". 

Te puede interesar