política local

"O PP de Ourense ten o galeguismo no seu ADN"

Foro sobre "Galeguismo popular", con José Antonio Parente, Patricia Torres e César Fernández, no Pazo de Trasalba (ÓSCAR PINAL).
photo_camera Foro sobre "Galeguismo popular", con José Antonio Parente, Patricia Torres e César Fernández, no Pazo de Trasalba (ÓSCAR PINAL).

Baltar reivindica á provincia como "o berce do espertar" dun novo pensamento galeguista

O PP de Ourense reivindicou á provincia onte como o "o berce dun novo espertar do galeguismo", unha característica que está "no ADN" da formación, segundo mostraron na celebración dun foro na casa museo de Otero Pedrayo de Trasalba, no que os populares fixeron gala da súa identificación "co territorio, as súas xentes e a cultura como valores máis esenciais, O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, destacou que este valores deben estar presentes "no ideario de toda formación política e na súa xestión de goberno", pero presumiu de que esta característica "só a atopamos no PP de Ourense". 

Así, Baltar defendeu que a vinculación dos populares ourensáns co galeguismo "non queda en simples compromisos de papel", e referiuse ao traballo desenvolvido na Deputación coa "posta en valor do pensamento galeguista desde a Ourensanía, recuperando as achegas dos seus fundadores".


"Berce do galeguismo"


Ourense é, segundo sinalou Baltar, berce do galeguismo "non só de palabra, senón con feitos, promovendo un novo espertar da nosa conciencia como galegos e recoñecendo a achega de homes e mulleres que reforzaron co seu compromiso ese sentimento". O PP de Ourense é unha formación "centrista, lonxe de radicalismos, que ten o seu segredo na moderación e no reformismo, pero que destaca por ter o galeguismo no seu ADN", dixo Baltar, algo que marca a "diferenza" con outros partidos, e ao que se une "o maior tesouro, a nosa lingua".

Nun percorrido polo traballo do PP na Deputación, Baltar lembrou a "satisfacción" por devolver á súa terra as cinsas de Rodolfo Prada Chamochín, e complementalas coa exposición de "A derradeira leición do mestre", uníndoo así "co pai do nacionalismo galego, Castelao".Estas dúas iniciativas sumounas a outras como a instauración do "Día da Galicia Mártir" o día 17 de agosto de cada ano; e a posta en valor da obra e pegada da Xeración Nós, coincidindo co seu centenario no 2020.

O foro foi moderado polo responsable de estudos e pensamento galeguista do PP ourensán, César Fernández Gi. Contou cunha mesa mesa sobre mocidade e galeguismo co presidente  provincial de Novas Xeracións, José Antonio Parente, e a candidata á alcaldía de Boborás, Patricia Torres; e unha segunda sobre a "Lingua Propia de Galicia", con Lamela Vilariño, mestra e inspectora de educación, Valentín García, experto en filoloxía galega-portuguesa, e Pablo Pérez, secretario de organización do PP. 

Te puede interesar