La Región

ELECCIONES MUNICIPALES

O PP presenta o seu plan para reducir a presión fiscal

Vázquez garantiza a reducción de impostos municipais "para axudar a aforrar aos veciños"

Jorge Pumar encabezou o recorrido informativo dos populares en Oira.
Jorge Pumar encabezou o recorrido informativo dos populares en Oira.
O PP presenta o seu plan para reducir a presión fiscal

Oalcalde e candidato do Partido Popular  á reelección, Jesús Vázquez presentou "unha ampla batería de medidas destinadas especialmente a familias, maiores e empresas, para que destinen o diñeiro das taxas a mellorar o seu día a día".

As familias poderán beneficiarse de bonificacións fiscais por contratar a coidadores para as persoas dependentes ou para o coidado da súa cativada.

"Estamos comprometidos coas familias que teñen a dependentes ao seu cargo, por iso tamén poderán acollerse a exencións nas licenzas de obra menor para adaptar as vivendas ou para melloras de eficiencia enerxética”, dixo Vázquez.

As reformas nas vivendas supoñerán a creación de novos empregos, pero, afirman os populares, sobre todo un aforro das familias que verán baixar as súas facturas. Para reforzar esta transformación das vivendas tamén haberá bonificacións no IBI para proxectos integrais de eficiencia enerxética.

Tamén buscarán estimular o emprendemento con descontos en taxas e tarifas municipais, como a Tarifa Cero (100% en impostos no Casco Vello e 50% no resto da cidade); Bono Emprendou, que ofrece asesoramento gratuíto para desenvolver o negocio; a exención do 100% do imposto de circulación aos taxistas con vehículos non contaminantes e a baixada de impostos as empresas que creen emprego e o manteñan, al menos un ano.