PP y sindicatos alertan dos recortes nos servizos de tren

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade en funcións, Ethel Vázquez, acusa ao Goberno central de "aproveitar" a crise sanitaria do covid para "recortar" nun 40% os servizos ferroviarios do Eixo Atlántico, a pesar de que esta vía resulta "fundamental para a mobilidade dos galegos". Tamén asegurou Ethel Vázquez que noutras liñas férreas da comunidade a supresión elevouse até o 80%.
Por outra banda, os senadores ourensáns Jesús Vázquez Abad, Carmen Leyte, Miguel Ángel Viso e Francisco José Fernández rexistraron unha nova moción  para corrixir o "agravio" que estarían a sufrir os usuarios do ferrocarril na provincia de Ourense.“Éstán desmantelando a pasos axigantados todo o que antes funcionaba ”, defenden os senadores ourensáns. Argumentan que a estratexia que está a levar a cabo Renfe "levou á perda do liderado do tren como medio de transporte preferido polos galegos para viaxes de longo percorrido",  a causa da diminución da oferta e duns horarios "mal planificados".

Segundo os senadores populares, o número de usuarios descendeu xa ata un número "residual", a pesar do crecimiento no número de viaxeiros que se producira entre 2008 e 2018. 

Concentración sindical

Unha vintena de persoas concentráronse este mércoles ante a estación de Vigo-Guixar, convocadas polo sindicato CGT. 

Os manifestantes protestaban pola, lamentaron, redución de servizos de Renfe, que comezou coa crise do covid pero xa temen definitiva, tanto na eliminación de liñas como á hora de suprimir os servizos de acompañamento a viaxeiros con movilidade reducida, ao sufrir un ERTE os traballadores de Atendo.

Te puede interesar