A CIDADE O DETALLE

Praza do Ferro, historia viva da cidade

20171209163359102_result
photo_camera A praza do Ferro a comezos do século XX. (Arquivo Mª Socorro Alonso Martínez-Risco).

A praza do Ferro, un dos centros neurálxicos de Ourense, emociona aos veciños sensibles que coñecen a súa maxia cando escoitan o tintinar da auga na súa fonte ás primeiras luces da mañanciñ

Segundo o artigo 2º do Capitulo Único, Título Primeiro, das Ordenanzas Municipais de 1895, publicadas na imprenta de “El Eco de Ourense”, a praza do Ferro está integrada no Primeiro Distrito. A praza do Ferro, da Sal ou a Cruz dos Ferreiros ten unha antigüidade sustentada na venda de obxectos de ferro na feira mensual celebrada os días 7 de cada mes desde o ano 1122.

As florecientes plumas de Florentino L. Cuevillas, Vicente Risco, Xesús Ferro, Ramón Otero Pedrayo, Francisco Fariña, Cid Rumbao e Adrio Menéndez falaron da Praza. Cuevillas viviu e morreu no 2º andar da casa nº 10 da rúa San Domingos, que forma parte do contorno da praza do Ferro, enorgullecendo da súa veciñanza. Opina que a praza non ten a grandeza da do Hospital de Compostela (Obradoiro) nin como a da Catedral de Lugo nin a da praza ourensá do Trigo, coa florecente fachada sur da catedral e as súas edificacións con magníficos voadizos e nobres porches. É atractiva porque mestura un carácter burgués, un certo aire fidalgo e unha arte popular que lle dan personalidade propia.

Ten casas blasonadas cos escudos de familias de moito ringo rango: dos Boán, dos Landechos, dos Pereira, dos Sotomayor, dos Deza e dos Lemos; ao seu carón hai edificacións de menos tronio construídas por comerciantes, persoas de prestixio e de famílias máis modestas pero acomodadas. Teñen a súa orixe en grupos de distinta condición social, ben relacionados entre eles, que souberon adaptarse aos tempos, realizando reformas, preferentemente interiores, mantendo a praza do Ferro ese aire señorial que sempre tivo. Ten forma triangular; na parte máis larga, a do sur, onde recibe ás rúas do Paxaro, Lepanto, Paz e San Miguel sendo testemuñas do ir e devir dos veciños. Na parte norte, a máis estreita, está unida á rúa San Domingos. A súa suave unión fai que se confundan as numeracións dos edificios; o Concello non soubo xamais onde acababa a praza e onde comezaba a rúa.

20171209163359180_resultO elemento esencial da praza é a magnifica fonte, colocada en 1856. José Adrio informounos no seu libro “Del Orense Antiguo”: “Colocouse, logo, na praciña do Ferro –ademais da da Praza Maior–, outra fonte de non escaso mérito, traída do convento de Ribas de Sil”.
 Para Cuevillas esta fonte é “...moi do Cincocentos, con moita elegancia renacentista e con moita e escura mitoloxía... non sabemos de fixo se as figuras femininas da base da árbore son nereidas ou sereas, nin as tres mozas que sosteñen a primeira taza serán náyades ou simples cariátides, e se os tres adolescentes en que parece apoiarse a outra taza serán eros ou crías de atlantes; só está claro que as aves da coroación son aguias que falan de vellas intencións imperiais”.
 Francisco Fariña Busto, no texto “Ourense”, informounos como Cuevillas e Adrio: A agraria Aurivella, posuía a coñecida como praza ou Cruz do Ferro, onde celebraba o mercado de potes, apeiros de labranza e quincalla dos mercaderes asturianos. Esta praza triangular con base no sur, asoportalada na parte oeste con soportais e construcións tan ourensás de pallabarro encaladas do Cincocentos, ao leste o pazo de comezos do Seiscentos construido por don Juán Fernández Boán e Landecho, coa fortuna herdada do seu tío, o oidor..., no que destaca o escudo situado na parte superior do segundo piso, baixo o balcón corrido, onde aparecen as armas dos Boán e os Landecho. Fariña Busto destaca na praza a fonte que na Desamortización, decoraba o patio do mosteiro de Ribas de Sil, de acordo con Adrio, ou do Mosteiro de Santa María a Real de Oseira, como afirman outros autores.

 Pola praza que arrodea a fonte cruzaron todos os días mulleres que ían ou viñan do mercado, homes que andan no traballo ou negocios, nenos achegándose ás escolas, mozos xogando ao fútbol, e alguns automóbiles. A actividade cotia da praza, co seu ruído, enxordece o zoar da agua ao caer sobre o estanque; mentres que durante a tranquilidade da noitiña o doce son da mesma conquista o ámbito da praza e soa insistente, cristalina, portando unha sabedoría misteriosa. Cuevillas sempre emocionou có tintinar da agua desta fonte chea de pasado, presente e futuro. Os veciños da mesma non comprenden o fondo sentido da melodía pero non poden vivir sen ela. Arredor do tanque, durante a aurora, reúnense os fidalgos, os curiales mailos pequenos facendados.
 A comezos do século XX existía na praza o café “La Peña”, o máis antigo, situado fronte á fonte na casa dos soportais da cara oeste. A botica da familia Temes tiña a súa sé nesta praza. O “Anuario Riera” de 1911 informa que era Serafín Temes o titular; Manuel Curros Enríquez, acompañado por Marcelo Macías, visitouna a derradeira vez que estivo en Auriabella, para retornar en 1904 á Habana.

 O xornal “La lucha”, número 16, do 12 de decembro de 1931 inseriu dous anuncios de empresas vencelladas ao seu tempo como o do ultramarinos de Benito Lorenzo e a ferraxería chamada “Plaza del Hierro” que pertencía aos “Hijos de Llamas”.
Nesta praza estaba outra das ferraxerías, a de José Aguirre, que competía có Villanueva Lombardero, veciño de Taramundi, tamen veciña nesta Praza.
 En relación coa Praza do Ferro, Vicente Risco en “El Orense Perdurable” expón: “Cantos anos mirando esta fonte, desde arriba, desde abaixo, por unha banda, desde a Botica de Temes, pola outra, desde o Café Peña, escoitando as liortas das criadas armadas de caña e pota, e de cando en vez a voz autoritaria do municipal, que ordeaba: ‘¡Abaixo!’.

                                       20171209163359008_result 

Pasaron aqueles anos, e outros anos, e aí está a fonte, esbelta, decorada, mitolóxica, fresca e có seu discreto murmurio, outra vez coas súas escaleiras circulares que asaltaban chachas e rapaces, contemplada por oficinistas, literaloides, políticos e propietarios, coa súa auga que era a auga dos verans, das calores, das sestas …”.
 Risco, en “O Ourense de principios de século”, relata as aventuras das “chachas”:

 “O ver ir e vir ás criadas coa ola na cabeza e a caña na man, era unha das estampas máis características. Parecían cabaleiros armados. Con aquelas armas, agrupábanse, en verán, cuando escaseaba a agua, arredor das fontes maos acreditadas, principalmente a da praza do Ferro. Allí disputábanse o sitio e ‘á vez’, berraban, insultábanse, e moitas veces se pelexaban e se agarraban dos pelos. Armaban un gran balbordo xa estiveran incomodadas, o de risas, unha porción delas, nas escaleiriñas da fonte da praza do Ferro. De cando en vez, oíase unha voz que ordeaba:
 - ¡Abaixo!… ¡Abaixo!… ¡Abaixo!.

 Era o señor ‘Miau’, o municipal encargado da orde, que lles ordeaba que baixasen das gradas, pero elas non lle hacían caso ningún”. 

Te puede interesar