ENTREVISTA

"É preciso romper o tópico de que os estudos artísticos son facer un cadro"

1op7709_result
photo_camera Xosé Manoel González e César Taboada, na Antonio Faílde.

César Taboada e Xosé Manoel González son o director e vicedirector da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde que celebra o seu 30 aniversario con diferentes actividades

A Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde festexa o seu 30 aniversario cun programa de actividades que inclúe conferencias e exposicións. Entre os relatores invitados, figura o director da consultora de branding SUMMA, Josep María Mir, que ofrecerá hoxe a charla "Cajón de sastre". A cita será ás 12,00 horas no salón de actos do centro. Mañá, o arquitecto ourensán Juan Carlos Cabanelas, un dos primeiros mestres da escola, abordará nun relatorio o proxecto da estación intermodal do AVE en Ourense ás 19,30 horas no centro cultural Marcos Valcárcel. A programación contén tamén una exposición itinerante en 14 países que colaboran co proxecto Consorcio de Artes (CARTES), promovido pola escola. 

Que momento vive a escola na actualidade?

César Taboada: Estamos cuns límites de matrícula bastante por enriba do que podemos ofrecer. Agora en maio anunciarase a convocatoria e en xuño terán lugar as probas. Contamos cunha nova especialidade de grao superior en Ebanistería artística e, dende setembro do 2016, temos en marcha o programa Consorcio. Nel están incluídas 20 institucións de toda España, dende facultades de belas artes ata conservatorios de música pasando por centros de imaxe e son. A finalidad é dar a coñecer as ensinanzas artísticas do noso país ao exterior. Neste caso está focalizado á parte oriental. Dende o meu punto de vista, a Unión Europea está facendo un esforzo por extender este tipo de ensinanzas.

Xosé Manoel González: Os destinos deste ano foron Xordania, Albania e India. Ampliarase a países como Exipto, Xapón, China , Corea e Vietnam, entre outros. Hai que ter en conta que é a Escola de Ourense a que está canalizando todos estos destinos e movendo a xestión.

Que aporta este intercambio ao alumnado e mestres?

C. T.: O coñecemento das linguas e de novas mentalidades. É unha forma de unir as ensinanzas de arte con países que ata agora era moi difícil contactar. Non obstante, nós fixemos durante máis de 10 anos programas de intercambio de alumnos e profesores. Antonio Ferreiro é o coordinador destes programas de mobilidade.

Cal é o nivel de integración laboral dos alumnos da escola?

X. M. G.: Non temos unha cifra exacta pero todos, máis ou menos, atopan o seu oco. É certo que non hai traballo para todos en Ourense e algún ten que marchar da provincia. Non obstante, non todo o noso alumnado é ourensán. Houbo cursos que eran maioritariamente de fóra, da zona do Salnés e do Morrazo. Na actualidade, hai uns 250 alumnos matriculados, aos que hai que engadir os que están facendo os proxectos finais. Un aspecto destacable son as prácticas en empresa que fan no último ano. Moitos alumnos acaban xa contratados.

C. T.: Estos estudos chámanse vocacionais. Así se lles denomina en Europa. Son ensinanzas significativas; é dicir, aquí a xente vén porque lles gusta e non como noutros sitios que vas para aprobar e punto. Por iso, é unha ensinanza moi selectiva. A ratio é moi proporcionada para que teñan un contacto directo co profesorado. Hai 30 mestres. 

Un dos tópicos aos que se enfrenta a profesión é considerar as ensinanzas artísticas como unha materia prescindible.

X. M. G.: As ensinazas artísticas son un instrumento preciso para dar respostas ás necesidades sociais de todo tipo. A xente pensa que as ensinanzas artísticas son facer un cuadro. Pero isto non é así.

Xa se deron conta durante a revolución industrial.

C. T.: É preciso romper con este tópico. Deberían potenciarse os estudos artísticos. Son unha das ramas implicadas nas carreiras universitarias; é dicir, os estudos de bioloxía ou arquitectura, por exemplo, están relacionadas con temas de deseño. Ademais, hai que ter en conta que somos unha escola estatal, sen unha vertente económica. De feito, os custos da nosa formación son alcanzables. Desto deuse conta o noso alumnado de intercambio. Por exemplo, en Xapón un curso destes, incluso con axudas, custaba ao redor de 12.000 euros. 

Contan estas ensinanzas co suficiente apoio por parte da Administración?

C. T.: Todo apoio é pouco. Sempre fai falla máis. 

X. M. G.: A propia administración non nos entende moi ben. Somos poucas escolas. Eles están acostumados a traballar con colexios e institutos. É certo que as escolas de arte somos un mundo aparte porque temos titulacións a nivel universitario pero non temos a autonomía que teñen as universidades.

Piden máis autonomía á Xunta?

X. M. G.: O que estaría ben é que nos desen máis recursos humáns, tanto para profesorado como para a administración. Pedimos máis compresión. Por exemplo, non podemos contratar profesores asociados. Por outro lado, a medio prazo está contemplado que poidamos impartir mestrados.  

Como afectaron as últimas reformas educativas á educación artística?

C. T.: Nas últimas décadas notouse un cambio tremendo. Estamos a falar da entrada na Unión Europea e as axudas destinadas a Educación. A isto hai que engadirlle os diversos programas que remodelaron e actualizaron as titulacións. 

X. M. G.: Levo once anos e xa pasei por dous cambios. O Plan Bolonia é o máis significativo. Estanos auditando a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug). A nós esíxenos a mesma carga lectiva ca un profesorede ensino medio e temos o mesmo soldo pero, sen embargo, temos un requsitos e unhas esixencias como unha titulación superior. n

Pero vese afectada a calidade?

X. M. G.:Non. Os alumnos saen cun nivel moi bo e a reputación da escola de Ourense é moi boa. De feito, temos unha publicación que é a día de hoxe a única referencia de deseño en Galicia. Leva traballos de aquí e firmas de autores internacionais. 

Te puede interesar