ENTREVISTA

"É preciso solucionar o tema demográfico, sen galegos non hai Galicia"

Trasalva. 26-06-217. Entrega del premio Otero Pedrayo.Carlos Baliña. Paz
photo_camera Carlos Baliñas, durante o seu discurso na gala celebrada en Trasalba.(J. PAZ)

A Fundación Otero Pedrayo rendiu onte unha sentida homenaxe ó intelectual Carlos Baliñas, galardoado na XXXV edición do Premio Trasalba, que recoñece a dedicación á "causa oteriana".

Que lle supón o recoñecemento?

Son de filosofía, polo que o tomo con filosofía. Non fai falta, pero se chega é unha satisfacción.

Como era Otero Pedrayo?

Recordo a súa xenerosidade, que estaba sempre con moita vitalidade e era moi amigable. Explicaba moi ben as cousas e as súas clases eran moi ilustradoras. Non se correspondía co perfil dun profesor da época.

O legado é incuestionable.

Deixou unha cantidade de obras que aínda se están publicando. Ademais, o tipo humano de persona, pasou por momentos duros, como cando lle privaron 12 anos da cátedra.

Defender o galego naquela época era unha tarefa dura.

Era moi minoritaria e había unha gran indiferencia. Agora o falamos como algo natural. Entón non só estaba prohibido, senón que as persoas da cultura e a cidade non o falaban, só o facían os das aldeas.

Esa loita tan difícil contrasta cunha situación actual na que o uso do galego se reduce. Que opinión lle merece?

Creo que o galego gañou nas capas urbanas, pero estase indo a base que había no rural.

Estaría satisfeito Otero Pedrayo coa Galicia de hoxe?

Penso que moitas das cousas polas que loitou están conseguidas, como a autonomía ou a lingua. Aínda así, non todo vai ben, evidentemente.

Cales son os problemas?

A demografía é o problema principal. Se non se fai un sistema que permita que as mulleres poidan compatibilizar a maternidade e o traballo. É preciso facilitalo, sen galegos non hai Galicia.

Otero Pedrayo ten a repercusión que merece?

Creo que si. Esta Fundación mantén a casa, esta festa, edita libros novos. Claro que con todas as opcións que temos hoxe, non se pode pedir que teña a mesma repercusión que hai 40 anos.

Faltoulle chegar fóra de Galicia?

Si. Queixabase de que veraneando en Cantabria nunca o invitaran a falar na Universidade. Fóra de Galicia só iba a centros galegos. Pero hai que pensar que escribía para un público moi determinado, cunha temática de circunstancia. Por iso non ten ese recoñecemento fóra de Galicia. 

Te puede interesar