PREMIO

Premio nacional para a nova abogada ourensá María Quintas

A egresada fixo un traballo sobre o branqueo de capitais que obtivo un accésit no certame Arquímedes

Cada ano, o Ministerio de Educación convoca o Certame Arquímedes de introdución á investigación científica, cos obxectivos de fomentar a combinación da docencia e a investigación e de favorecer a incorporación do alumnado ao ámbito investigador. Na XIV edición desta iniciativa, unha egresada de Ourense acadou un accésit dotado con 1.000 euros.


María Quintas, graduada en Dereito polo Campus de Ourense, fixo un traballo sobre o branqueo de capitais, no que afondou nun delito eminentemente doloso pero que no Código Penal español tamén se tipifica como comisión imprudente. Neste contexto, apunta, “xorde a dúbida de como se pode cometer de forma imprudente un tipo que esixe que o suxeito coñeza a orixe delitiva dos bens e teña a intención de ocultar ou encubrir esa orixe ilícita dos mesmos ou axudar a quen participou na infracción a eludir as consecuencias legais dos seus actos”.


As principais conclusións “son que a finalidade da tipificación da comisión imprudente é facilitar os problemas de proba do dolo e do coñecemento da orixe delitiva dos bens e que os supostos de certa entidade, na maioría dos casos, serían reconducibles aos tipos dolosos e as operacións de bagatela non merecen o reproche penal por non haber unha afectación ao ben xurídico protexido”.

Te puede interesar