Ourense

Os premios Gómez Román, para dous proxectos coruñeses

Ourense

Os premios Gómez Román, para dous proxectos coruñeses

<p></p>
photo_camera Un momento da reunión do xurado dos premios Manuel Gómez Román de Arquitectura.

Convocados pola Asociacion Setestrelo para resaltar traballos de rehabilitación arquitectónica

page1image3880

A Asociación de Amigos do Castelo de Maceda "Setestrelo" fallou onte os premios Manuel Gómez Román de Arquitectura á recuperacion do hábitat tradicional e construccions adxectivas, na súa edición de 2015.

Na modalidade A, reservada a edificacións tradicionais rehabilitadas ou restauradas, foi premiada a rehabilitación de vivenda para casa do Parque das Fragas do Eume, en Monfero (A Coruña), redactdo polo estudio Sabín-Blanco Arquitectos.

Na modalidade B, que se centra en construccións adxectivas rehabilitadas ou reconstruídas, foi galardonado o proxecto de Hortas de Caramoniña en Santiago de Compostela, redactado polo estudio Abalo- Alonso Arquitectos.

O xurado estivo presidido por Francisco Nóvoa Rodríguez, presidente de Setestrelo, e forman parte do mesmo, o alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González; o presidente do Colegio de Arquitectos de Galicia, Alberto de Paula, e os arquitectos Lola Peláez, Manuel Jorreto, Arturo Lagoa e Emma Noriega.

A entrega dos premios terá lugar o sábado día 9 de xaneiro, no castelo de Maceda.

Te puede interesar
Comentarios