Ourense

Os premios [email protected] contan con 26 vídeos ourensáns

Ourense

certamen

Os premios [email protected] contan con 26 vídeos ourensáns

Trátase dun proxecto capaz de introducir o galego como lingua vehicular dos xéneros do Youtube

Un total de 26 vídeos ourensáns participan na segunda edición dos premios [email protected], co lema "Mostra o [email protected] que levas dentro". A nutrida participación ourensá está repartida entre as tres categorías con cinco vídeo- opinarmos, seis vídeo-facermos e tres canles con cinco vídeos cada unha. 

A participación caracterizouse por estar moi repartida por todo o territorio galego, especialmente no ámbito urbano e vilego. Con máis de 300 vídeos recibidos, pódese comprobar que a maior participación dáse na franxa de idade de 30 a 50 anos, que representa un 40%, seguida da de 18 a 20 anos co 31%. 

A gala final celebrarase o vindeiro 20 de abril na Coruña e nela repartiranse máis de 5.500 euros en oito categorías. Os responsables do programa explican que nesta edición se aprecia unha mellor calidade nos vídeos e a participación de [email protected] consolidados que posúen características propias. Os organizadores do programa decláranse moi satisfeitos co proxecto xa que entenden que "foi capaz de introducir o galego como lingua vehicular dos xéneros propios do youtube, incorporando ademais nesta edición como novidades formatos como as review e os remakes, por exemplo".