CULTURA

O programa de A Bela Auria para celebrar o centenario de Nós: poesía, música e obradoiros 

A esgrima antiga, unha das actividades do programa de Bela Auria para este sábado (ARQUIVO).
photo_camera A esgrima antiga, unha das actividades do programa de Bela Auria para este sábado (ARQUIVO).
Os Xardíns de Bispo Cesáreo serán o epicentro cultural da cidade este sábado con numerosas actividades

A Bela Auria celebra este sábado o centenario de Nós cunha serie de actividades que terán como epicentro os Xardíns Bispo Cesáreo da cidade. O programa inclúe actividades para todos os públicos dende concertos, teatro, cine, contacontos, un mercado, un escape room e obradoiros. 

A continuación o programa completo das actividades: 

- 11:30  Roteiro Nós e Blanco Amor con saída en Lamas Carvajal

- 12:00 Apertura do recinto dos Xardíns de Bispo Cesáreo coas seguintes actividades

  • Xogos tradicionais
  • Mercado creativo
  • Exposición: a historia dos nenos
  • Zona para mascotas
  • Zona Hotel Roma e cafés cantantes
  • Zona Ourense e a Fábrica de Chocolate
  • Obradoiro sobre o Castelo de Ramiro e os Cadórniga

- 12,00 Espectáculo de circo "Circanelo", da compañía Fredi & Cía. Xardíns Bispo Cesáreo

- 12,40 Contacontos con Anxo Moure na fachada de Cáritas nos xardíns de Bispo Cesáreo. 

- 13,30 Concerto de The Swinging Flamingos y obradoiro de Lindo Hop. 

- 17,30 O escape room "O misterio das linguas de Nós" con saída en Lamas Carvajal. 

- 18,00  Roteiro teatralizado "NÓS, as mulleres". Comezo na rúa Lamas Carvajal

- 18,00 Acto poético con Carmen Conde, Ana Senra e Pablo Sánchez Ferro no salón nobre do Liceo de Ourense. 

- 18,00 Obradoiro de esgrima antiga nos xardíns de Bispo Cesáreo

- 19,15 Sesión "Tabú" con Carmen Conde sobre as intimidades das nosas devanceiras. Na fonte dos xardíns de Bispo Cesáreo. 

- 21,45 Cine con música no salón nobre do Liceo. A película "A quimera do ouro", de Charles Chaplin. 

- 23,30 Concerto de Marian Ledesma & Tinaquero Brothers na fonte dos Xardíns Bispo Cesáreo.

Te puede interesar