A provincia de Ourense sae á rúa para darlle pulo á nosa lingua

“Intempestiva”, actuación de danza contemporánea de Elahood en Verín.
photo_camera “Intempestiva”, actuación de danza contemporánea de Elahood en Verín.
Foliadas, certames, representacións e outros actos encheron as vilas e concellos ourensáns nunha xornada festiva malia a continua chuvia

A provincia reivindicou onte a defensa e orgullo da lingua galega, así como a figura de Luísa Villalta, autora homenaxeada este ano.

A festa extendeuse por tódolos recunchos da xeografía provincial con diversos actos culturais.

As Macizas Centrais animaron a mañá en Trives.
As Macizas Centrais animaron a mañá en Trives.

A Mezquita conmemorou o 17 de maio cun acto na Praza do Concello no que participaron os veciños do lugar e alumnos do CEIP Augusto Assia.

Os alumnos da Mezquita congregáronse fronte á casa consistorial para a lectura de textos.
Os alumnos da Mezquita congregáronse fronte á casa consistorial para a lectura de textos.

A Agrupación Abertal da Rúa celebrou unha homenaxe a Luísa Villalta que tivo que trasladar ao Centro Cultural Avenida por mor da chuvia.

Homenaxe a Luísa Villalta na Rúa que se trasladou ao Centro Cultural Avenida por mor da chuvia.
Homenaxe a Luísa Villalta na Rúa que se trasladou ao Centro Cultural Avenida por mor da chuvia.

No Barco, as Letras Galegas celebráronse a golpe de maxia coa actuación do mago Martín Camiña “Con V de violín”, espectáculo que  tivo que ser trasladado ao pabellón vello.

Actuación do mago Martín Camiña “Con V de violín” no Barco de Valdeorras, no pavillón vello.
Actuación do mago Martín Camiña “Con V de violín” no Barco de Valdeorras, no pavillón vello.

O grupo de Macizas Centrais puxo a súa música na Pobra de Trives. Ás 12,00 horas comezou a súa rolda por locais e prazas da vila.

En Xinzo de Limia tivo lugar a entrega dos premios aos concursos de debuxo e ilustración organizados pola Fundación Carlos Casares e o Concello de Xinzo de Limia na súa sexta edición.

Por mor da chuvia, os actos en Xinzo tiveron lugar na Casa da Cultura.
Por mor da chuvia, os actos en Xinzo tiveron lugar na Casa da Cultura.

En Monterrei, o Concello de Verín programou na praza García Barbón unha actuación do grupo de danza contemporánea “Elahood”, que interpretou o seu espectáculo “Intempestiva”, inspirado na obra de Xela Arias. 

Te puede interesar