Ourense

O proxecto da intermodal é “indigno" para o PSOE

Ourense

O proxecto da intermodal é “indigno" para o PSOE

O PSOE de Ourense reclamará na Deputación que o Goberno central presente alternativas ao actual proxecto da estación intermodal, que xa se está a tramitar. Os socialistas insisten en que o Executivo debe impulsar unha obra ferroviaria "digna e de calidade", condicións que (segundo o grupo socialista) a proposta actual non reúne, "desde que foi aprobada pola porta de atrás e redactada sen consenso polo goberno de Mariano Rajoy, sendo ministra Ana Pastor".

O PSOE considera que "neste momento é clave pór todos os esforzos na mellora da estación intermodal e na finalización completa da liña de alta velocidade galega, os proxectos máis importantes de Ourense neste século". E, por iso, rexistraron unha emenda para reclamar ao Goberno de España que "busque de maneira urxente alternativas" ao proxecto da intermodal que será "a porta de entrada da alta velocidade a Galicia" e que "debe ser digna, de calidade e estar adaptada ás necesidades de integración urbana da cidade".

Te puede interesar