PARTIDAS

O proxecto económico da Xunta para Ourense, en detalle

Aquí podes consultar o desglose do orzamento exacto adicado a diferentes materias

Presidencia: 4.764.346,50 €

• Máis de 2 millóns de euros para promoción e dinamización turística na provincia, ao que se engaden os máis de 324.000 euros para o novo albergue de peregrinos de Ourense, que permitirá una maior integración e coñecemento da cidade por parte dos caminantes. 

• Preto de 1,5 millóns de euros para o fomento do uso das novas tecnoloxías, destacando o plan de banda larga 2020, con case que medio millón de euros, facilitando un mellor acceso a internet no rural. 

Vicepresidencia. Consellería de Presidencia, AAPP e Xustiza: 7.628.000,54 €

• Destinados na súa práctica totalidade á mellora de infraestruturas xudiciais, de entidades locais e dos servizos de emerxencias.

Consellería de Facenda: 733.450.04 €

• Máis de 700.000 euros para a mellora de servizos de atención ao cidadán. Destacan 304.000 euros para a mellora de sistemas de información de xestión tributaria.

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio: 6.576.521,53 €

• Preto de 1,5 millón de euros para obras do plan URBE.

• Case que 1 millón de euros en axudas para redacción de planeamentos urbanísticos nos concellos, en aplicación da nova Lei do Solo de Galicia).

• Actuacións na Rede Natura 2000 e espazos naturais con case que 1 millón de euros.

Consellería de Infraestruturas e Vivenda: 48.130.567,59 €

• 2,5 millóns para rehabilitación de viviendas.

• Máis de 10 millóns de euros para a rede viaria, investimento fundamental para a conservación e mellora das comunicación nunha provincia con gran dispersión de poboación.

• Máis de 3 millóns de euros para a conexión do polígono industrial de San Cibrao das Viñas coa A-52.

• 1,6 millóns para o plan de sendas peonís e ciclistas na comarca de Ourense.

• 365.000 euros para o proxecto da estación intermodal Ourense.

• Posta en valor da ponte vella de Ourense con 150.000 euros.

O desglose dos orzamentos da Xunta para 2017 na provincia de Ourense queda distribuido do seguinte xeito:

Consellería de Economía, Emprego e Industria: 16.852.883,57 €

• Con tres millóns máis que en 2016, o proxecto orzamentario deste departamento está dedicado principalmente a programas de desenvolvemento industrial e fomento do emprego.

• Máis de 2,3 millóns para medidas de aforro e eficiencia enerxética e proxectos de biomasa.

• Mellora de infraestruturas en parques empresariais de titularidade municipal con máis de 1 millón.

• Máis de 1,5 millóns para modernización, emprendemento e innovación do comercio e das pemes comerciais.

• Máis dun millón de euros na comarca de Ourense, onde se concentran os principais núcleos industriais da provincia para internacionalización, microcréditos e proxectos piloto da industria 4.0

• 5700.000 euros para a mellora de infraestruturas no polígono industrial de As Coiñás, no barrio ourensán do Vinteún.

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria: 14.353.813,99 €

• O presuposto deste departamento céntrase en actuacións de mellora de centros educativos e promoción da actividade cultural, incluíndo 1 millón de euros máis que en 2016.

• Preto de 3 millóns de euros están destinados ao Campus da Auga.

• 400.000 euros para a ampliación da Escola Oficial de Idiomas de Ourense (actuación enmarcada na estratexia de potenciación da aprendizaxe de linguas estranxeiras).

• Máis de 1 millón de euros en axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar.

• Máis de 700.000 euros para a posta en marcha do Museo do Viño de Galicia (Ribadavia).

• Máis de 330.000 euros para a implantación de novos ciclos formativos de FP.

Consellería de Sanidade:  12.107.070,66 €

• Máis de 6,1 millóns de euros para o plan director do hospital de Ourense.

• Máis de 800.000 euros para actuacións en centros de saúde da provincia, garantindo o compromiso de ofrecer a todos os ourensáns que teñan o seu carón un centro novo o reformado.

• Máis de 3,2 millóns de euros para proxectos en tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) no eido sanitario.

Consellería de Política Social: 3.130.686,81 €

• Máis dun millón de euros para o CEIP de Mariñamansa, onde está prevista a creación dun centro de atención para persoas con diversidade funcional maiores de 21 anos.

• No conxunto da provincia investiranse case que 900.000 euros en atención os nenos de 0 a 3 anos e nas casas niño.

• A estratexia de inclusión social Galicia 2014-2020 acadará en Ourense máis de 350.000 euros.

Consellería de Medio Rural: 69.773.525,55 €

• Recursos  para infraestruturas relacionadas co desenvolvemento e adaptación da agricultura e silvicultura con actuacións en 23 concellos con máis de 6 millóns de euros. 

• Máis dun 1,5 millóns de euros para o plan de regadío da comarca da Limia.

• Preto de 14.000.000 millóns de euros para actuacións en prevención de incendios e recuperación dos montes afectados polos lumes deste verán, coa finalidade de recuperar o seu potencial forestal.

• Axudas ás industrias agroalimentarias para investimento e comercialización dos seus productos con máis de 3,3 millóns.

• Axudas para a primeira instalación de mozos no rural por valor de 2,6 millóns, dato especialmente relevante ao incrementarse nun 25 % respecto o ano anterior atendendo á demanda de axudas por parte de mozos que se queren instalar no rural.

• Axudas a investimentos nas explotacións agrarias con 3,1 millóns.

• Os apoios ao sector forestal suman máis de 6 millóns de euros.

• Os proxectos do plan LEADER e os grupos de desenvolvemento rural suman axudas próximas aos 4,5 millóns.

Te puede interesar