O PSdeG alerta da caída de pedras na estrada en dirección a Arnoia

O grupo político advirte do risco que supón percorrer esta estrada.

O PSDEG-PSOE de Ourense alerta da "grave perigosidade" da carretera OU-0305 no límite entre Ribadavia e Arnoia, na que aseguran que caen pedras e árbores. Os socialistas engaden que a pesar das queixas nos últimos anos "nada se fixo" para por solución á problemática nesta curva que supón un perigo para a veciñanza que a emprega a diario.

"Nesta zona é frecuente a caída de árbores e pedras desde a pendente á estrada", sinalan, pero que aínda non se arranxou o problema "a pesar da perigosidade que supón para os centenares de vehículos que percorren cada día esta estrada". O portavoz en Ribadavia, Nacho Gómez, lembrou que dende fai tempo os socialistas están facendo un percorrido pola provincia para comprobar o estado das infraestruturas "que é lamentable", segundo opinou o portavoz, reclamando solucións.

Te puede interesar