PROVINCIA

O PSdeG de Piñor alerta da perda de servizos básicos

O portavoz municipal do PSdeG, Francisco Fraga, afirma que se están "botando abaixo proxectos e servizos estratéxicos para o futuro como o de dinamización forestal"

Os socialistas de Piñor consideran que nestes cen días de goberno do PP e do grupo Veciños de Piñor "o concello mudou para peor", asegurando que "xa non se prestan moitos dos servizos que facían de Piñor un concello volcado nos veciños". Así, sinala que "este verán despois de moitos anos non houbo actividades, nin excursións, deixou de facerse a Festa dos Veciños e non se cubriu a baixa da educadora familiar".

O portavoz municipal do PSdeG, Francisco Fraga, afirma que se están "botando abaixo proxectos e servizos estratéxicos para o futuro como o de dinamización forestal", e engade que que tampouco se respectan os dereitos de representación da oposición na comisión de contas "pese a sermos o grupo maioritario" e que falla a xestión e iniciativa política.

Te puede interesar