PROBLEMAS ESTACIONAMENTO

O PSdeG solicitará a construcción dun aparcadoiro público na zona dos Remedios

Rexistrou hoxe unha moción para que no próximo pleno se intente acadar poñer en marcha a construcción e explotación pública dun aparcadoiro soterrado nos Remedios.

O Grupo Municipal Socialista rexistrou hoxe unha moción para o seu debate o próximo 1 de abril no que intentará acadar poñer en marcha a construcción e explotación pública dun novo aparcadoiro soterrado na zona dos Remedios.

Recordan que o anterior executivo socialista solicitou en febreiro de 2014 un Informe de Actuacións a acometer para solventar os problemas de aparcamento no entorno do Barrio de O Couto e no que se podía apreciar 3 solucións. Ese informe concluía con que "dende o punto de vista técnico, proponse como máis idóneo o ámbito do SU 3 zona 23 do PXOU como lugar más idóneo para a ubicación dun aparcadoiro que cubra as necesidades e demandas específicas derivadas dos novos edificios dotacionais (edificio xudicial, Confederación Hidrográfica e Centro de Saúde"...".

Engaden que nesa zona se atopa o principal recinto deportivo da cidade e o que conta cunha maior afluencia de público, o Pavillón dos Remedios. Unha zona na que a carencia de prazas obriga a que moitos estacionen de forma irregular provocando situacións peligrosas e problemas de tráfico. A próxima apertura do Centro do Saúde do Couto, que está en obras, e a construcción da sede da CH Miño-Sil, provocarán aínda máis problemas para aparcar.

Polo tanto, o PSdG-PSOE presentará a moción para instar ao Goberno Municipal a que incorpore e recolla o ámbito SU 3 Zona 23 como equipamento para aparcamento de uso público no PXOM 2013 antes da súa aprobación definitiva; a iniciar de xeito inminente os trámites para a aprobación e posta en marcha do Expediente de Contratación do Proxecto de Construción e Explotación Pública dun aparcadoiro soterrado; e instar a que se comprometa unha partida orzamentaria nos Orzamentos 2016 para a construcción e explotación dese aparcadoiro.

Te puede interesar