O PSOE afirma que o AVE afectará ó sector agropecuario

O PSOE presentou sendas mocións ante a mesa do Congreso dos Deputados e ante o Concello de Vilar de Barrio, nas que indica que as modificacións do proxecto inicial das obras do AVE supoñen un ataque medioambiental e contra o sector produtivo agropecuario .
A deputada nas Cortes Xerais, Laura Seara, xunto coa portavoz en Vilar de Barrio, Soraya Briz, e a secretaria de Medio Rural da executiva provincial, Antonia Álvarez, tras visitar a zona de Porto, Alemparte e Maus, manifestaron que ditas modificacións suporán a paralización da concentración parcelaria, co fin de crear unha zona de acopio de material e presumiblemente unha planta de zahorra de granito que procede da excavación do túnel de Prado. Seara lembrou que 'no proxecto inicial respetábase esta zona de concentración parcelaria, na que ademais existen árbores dun gran valor ecolóxico' e por eso esíxelle ao Goberno que 'explique o porqué destas modificacións e si a empresa adxudicataria ten as licencias preceptivas para a realización destas novas obras', que tamén afectan a Borrán.

Te puede interesar