Política

O PSOE critica que a residencia de Nogueira estea no multiusos

O alcalde defendeu o proceso, xa que a obra foi a concurso público

O PSOE de Nogueira criticou que o Concello pechase o edificio multiusos do municipio, no que se realizaban diferentes actividades coa veciñanza, e o alugase por un canon de 1.000 euros anuais a unha empresa para que o convirta nunha residencia de maiores de xestión privada. Os socialistas advirten de que é a mesma empresa que xestiona a residencia de Esgos, ligada a  Coviastec, que "se encarga de facer practicamente todas as obras do Concello".

O alcalde, pola súa banda, defendeu o proceso, xa que a obra foi a concurso público. 

Te puede interesar