O PSOE da Peroxa critica a ausencia dunha brigada

O PSOE da Peroxa denuncia que a “total inacción” e a “vergoñenta preguiza” do goberno local do Partido Popular, deixou a este municipio sen brigada de prevención e defensa contra incendios forestais, nun dos anos con maior risco de incendio e nun dos veráns máis complicados na loita contra esta lacra. “A Peroxa é agora mesmo un dos poucos municipios que non conta con ningún tipo de brigada contra os lumes, co risco que isto representa para a seguridade dos veciños e do patrimonio natural e mobiliario do noso concello”, indica Antonio González, voceiro dos socialistas.

“Debido a esta falta de dilixencia, quedaron, polo menos, oito postos de traballo sen cubrir: un xefe de brigada; un peón condutor; tres peóns de brigada e outros tres postos da motobomba, que poderían ter sido seis, mais o goberno local do PP tampouco atopou persoal dabondo para a motobomba”, explica. Dende o PSOE insisten en que este problema xurdiu polo “atraso na convocatoria de contratación deste persoal”.

Te puede interesar