O PSOE demanda á Xunta un instituto para Pereiro de Aguiar

O PSOE ourensán pide á Xunta de Galicia que implante un instituto de ensino secundario (IES) no concello de Pereiro de Aguiar. Así o solicita a parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta, que vén de presentar unha serie de iniciativas enfocadas a instar á Xunta a crear un instituto (IES) ou ben un Centro Público Integrado (CPI), incluíndo o bacharelato, no actual colexio público de educación infantil y primaria CEIP Ben-Cho-Shey. 

Os socialistas aproveitarán tamén para preguntar tanto en comisión, como por escrito e en pleno se hai algunha programación prevista para a implantación deste centro e no caso de que exista dita proposta, cando estarían implantados. Lembran que o Ben- Cho- Shey xa conta con preto de 250 alumnos, 165 en educación primaria, e que ata a data no se ten constancia de resposta á petición do pleno en 2015 para crear o instituto.

Te puede interesar