O PSOE de Ourense acusa a Jácome de “desmantelar” os servizos municipais da área social

Os socialistas denuncian o peche da Oficina do Voluntariado por parte do microgoberno

O PSdeG-PSOE denuncia o peche da Oficina do Voluntariado por parte do microgoberno e acusa ao alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de “desmantelar” os servizos municipais ligados área social, aplicando así unha política de destrución idéntica á que leva a cabo na area cultural.

“A falta de compromiso do microgoberno con cada unha das áreas do Concello é cada vez máis latente e patente, en especial coa área social da que depende esta oficina”, denunciou a concelleira Concha García. “Estamos falando dun espazo que ten que ver co diálogo, a acción, a solidariedade, a cooperación e a integración, todos eles valores de transformación a favor da xustiza social”, detallou.

“Unha das ferramentas máis importantes que temos para loitar contra a desigualdade é o voluntariado activo” defendeu a socialista, quen subliñou que este servizo é necesario “sempre”, e máis aínda en tempos de Covid. Neste sentido, García asegurou que, mentres todas as cidades galegas están a reforzar os servizos sociais, nomeadamente o voluntariado activo, en Ourense “desmantélase vía decreto”.

Dende o grupo municipal socialista pregúntanse que vai que vai pasar coas actuacións de servizo á cidadanía que levaban a cabo os voluntarios e voluntarias e coas convocatorias de actividades ou o voluntariado por mor da Covid, e esixen que o alcalde dea explicacións públicas dos motivos polos que tomou a decisión de clausurar este espazo. 

Te puede interesar