Historia

O PSOE de A Peroxa pide crear unha exposición de fotos antigas

O grupo da oposición suxire tamén a posibilidad de incentivar a participación da veciñanza nesta iniciativa, facendo unha especie de concurso, premiando as mellores fotografías con saír no calendario anual do Concello

O PSOE da Peroxa pedirá no pleno municipal que se desenvolverá este xoves a creación dunha exposición de fotos antigas das aldeas do municipos, e das súas xentes e costumes, algo que, dicen os socialistas, xa pediran en outubro de 2016. 

"Aínda hoxe non se fixo nada ao respecto e volvemos insistir na iniciativa", manifesta o PSOE no rogo que presentará ao equipo de goberno, malia que "foi aprobado por unanimidade, comprometéndose a pedir a colaboración da veciñanza". 

O grupo da oposición suxire tamén a posibilidad de incentivar a participación da veciñanza nesta iniciativa, facendo unha especie de concurso, premiando as mellores fotografías con saír no calendario anual do Concello. 

No pleno, os socialistas tamén pedirán que o Concello inste aos propietarios de fincas a limpar a maleza, en cumprimento da lei de prevención de incendios forestais. 

Ademais, o Concello de A Peroxa que dirixe o popular Manuel Seoane ten previsto aprobar hoxe no pleno a conta xeral de 2017, e o Orzamento para este ano 2018 en curso. 

Te puede interesar