INFRAESTRUCTURAS

O PSOE traslada a Fomento o problema dun cruce da N-525

Queren resolver o perigo do cruce da Nacional 525 coa OU-516

O PSOE de Taboadela quere resolver o perigo do cruce da Nacional 525 coa OU-516 ao paso polo municipio, entre Mesón de Calvos e Santa Leocadia. Os dous concelleiros da agruapción local socialista, Alvaro Vila Araújo, candidato nas eleccións municipais do 26 de maio,  e Aidita Menor, propuxeron nunha xuntanza ao subdelegado do Goberno que busque unha solución nese cruce, ante o perigo para os condutores que transitan pola zona. 

Os socialistas taboadeleses consideran que "urxe mellorar a seguridade viaria", e conseguiron levar o compromiso so subdelegado, Emilio González Afonso, para trasladar este problema ao Ministerio de Fomento.


Estudo previo


O PSOE de Taboadela propón que Fomento redacte un proxecto de execución que sexa capaz de poñer fin ao " perigo" da zona, mellorando a seguridade viaria.  González Afonso trasladou que, unha vez que Fomento sexa coñecedor do problema, será necesario iniciar un estudio pormenorizado na zona para minimizar os sinistros e riscos de accidentabilidade.

Te puede interesar