As 'pulpeiras' de Arcos terán contedores para botar residuos

Un plan de instalación de depósitos especiais solucionará os cheiros que producen os desfeitos do pulpo nos contedores de lixo orgánico na parroquia de Arcos, que están a xenerar queixas entre os veciños das avenidas Castelao e Compostela.
Neste sentido, o concelleiro de Medio Ambiente, Bernardo García, confirmou que 'dispomos dunha pequena axuda económica para a colocación duns puntos de recollida, para que os pulpeiros depositen neles os restos das cabezas e vísceras que sacan cando limpan os exemplares de cefalópodo'.

O edil nacionalista xa encargou un informe ós técnicos do seu departamento para buscar 'unha ubicación destes contedores de materia orgánica, xa que por unha banda teñen que estar perto dos almacéns dos pulpeiros e, por outra, alonxados de vivendas habitadas'.

Ademais, os industriais de Arcos deberán utilizar bolsas pechadas para gardar os desfeitos, que tamén deberán estar secos para que os líquidos non produzan cheiros. Bernardo García apunta que 'informaremos ós pulpeiros sobre esta iniciativa'.

Te puede interesar