CULTURA

Quen gañará o concurso de Talentos de Ourense?

Sete finalistas optan a ser o grupo máis talentoso da provincia. A final será mañá domingo na sede da Agrupación Queixume dos Pinos a partir das 18,00 horas

O concurso de Talentos de Ourense Youth Talent Ourense 2017 chega á súa gran final. O certame de talentos, posto en marcha polo Concello de Ourense e Queixumes dos Pinos, terá o domingo a última decisión de quen gañará o concurso a partir das 18:00 horas.

A gala final será na sede da Agrupación Folclórica Queixumes dos Pinos onde foron seleccionados os seguintes finalistas:

  1. Ori Darko

  2. Gorilas a Pilas

  3. Roswell

  4. Wallace

  5. Sabela Rodríguez

  6. Connectica

  7. Rocío Vélez

  8. Epsilon

Na gala final, cada grupo presentara unha canción coa sua propia escenografía. Un xurado profesional formado por Ramón Blanco, José Miguel Marco, Esmeralda, e José Manuel Fernández serán os encargados de valorar, así como decidir que tres actuacións serán as finalistas e polo tanto as encargadas de interpretar unha segunda canción que novamente valorara o xurado ata decidir a orde dos tres primeiros clasificados. A gala estará presentada por José Antonio Viñas e por Jaime Vázquez.

Te puede interesar