CONCENTRACIÓN

Queremos Galego pide "liberdade, igualdade e xustiza" para os galegofalantes

A praza do Ferro da cidade acolleu a concentración convocada pola plataforma

A lingua galega é cada ano a gran protagonista do Día das Letras Galegas e xunto aos actos conmemorativos, literarios e lúdicos propios do 17 de maio, tamén se atopan aqueles centrados nunha vertente máis reivindicativa. A plataforma `Queremos Galego` levou a cabo este sábado unha campaña de mobilizacións en múltiples comarcas do territorio, entre elas Ourense, nas que saca o idioma ás rúas para pedir "liberdade, igualdade e xustiza" para os galegofalantes coincidindo, ademais, coa proximidade dos comicios municipais.

Te puede interesar