Quince vidas segadas en vinte e un anos e espalladas por todo o territorio provincial

Distribución territorial das 15 vítimas mortais ourensás de ETA (1978-1997)
photo_camera Distribución territorial das 15 vítimas mortais ourensás de ETA (1978-1997)

Velaí como, ó sacar os nomes das estatísticas e encher de contido os días vividos por cada un deles, a dimensión da traxedia provocada polo sen sentido etarra cobra unha nova dimensión.

Tanto a Juan Manuel coma ós outros 14 ourensáns asasinados por ETA dedicoulles o compañeiro José Paz unha documentada reportaxe o 23 de abril de 2017, o cal non obsta para que volvamos traelos de novo a xornal..

Sirva, pois, esta crónica para volver visibilizar con nidieza ata que punto foi derramada sangue ourensá, sanque que non debera saír gratuíta para seguir fortalecendo esta democracia da que agora tamén nos queren facer dubidar:

  • Luís Candendo Pérez (Leiro 1936-Anzuola 1978). Traballador de Altos Hornos.
  • Lisardo Sampil Belmonte (Loñoá 1929-Yurre 1978). Taxista.
  • Antonio Varela Rúa (Ourense 1928 - Tolosa 1979). Comandante de infantería retirado e funcionario do concello de San Sebastián.
  • Manuel Ferreira Simois (Untes 1932 - Portugalete 1979). Policía municipal.
  • Antonio Gómez Ramos (Vilardevós 1958 - Orio 1980). Garda Civil.
  • Sergio Canal Canal (Bentraces 1924 - Durango 1980). Subcomisario de policía.
  • Manuel Rodríguez Taboada (Ourense 1945 - Madrid 1981). Garda Real.
  • Alfonso Maside Bouzo (Baños de Molgas 1956 - Sestao 1982). Policía Nacional.
  • Víctor Lago Román (O Carballiño 1919 - Madrid 1982). Xeneral de división.
  • Enrique Rúa Díaz (Verín 1956 - Guetaria 1983). Garda Civil.
  • Antonio López Martínez (Cabreiroá 1956 - Oñate 1987). Garda Civil.
  • María Paz Diéguez Fernández (O Bolo 1930 - Barcelona 1987). Clienta de Hipercor.
  • Juan Manuel Martínez Gil (Sarreaus 1970 - Oiartzun 1992). Garda Civil.
  • Luciano Cortizo Alonso (A Rúa 1951 - León 1995). Comandante de artillería.
  • Miguel Ángel Blanco Garrido (Ermua 1968 - Lasarte 1997). Concelleiro do PP en Ermua.

Te puede interesar