Raigame dá o salto á rede para celebrar o Día das Letras Galegas

VILANOVA DOS INFANTES (PRAZA MAIOR). 17/05/2018. OURENSE. Entrega de premio Adolfo Enríquez al Museo Etnológico de Ribadavia. Asisten la senadora, Carmen Leyte, Nava Castro, Ana Belén Vázquez, el alcalde de Celanova, José Luís Ferro, la delegada territorial de la Xunta, Marisol Díaz Mouteira y el representante del Museo Etnológico de Ribadavia que recoge el premio, Cesar Llana. FOTO: ÓSCAR PINAL.
A organización propón que mañá domingo familias e amigos celebren, de 10 en 10, unha comida de raigame na casa

Os acordes da música tradicional non soarán mañá domingo nas rúas e prazas do burgo medieval de Vilanova dos Infantes (Celanova), como tampouco exhibirán a súa arte os artesáns dos vellos oficios tradicionais galegos. O coronavirus obrigou a suspender a Romaría Etnográfica Raigame, que cada 17 de maio celébrase no burgo medieval, pero os organizadores queren manter vivo na rede o espíritu festivo do Día das Letras Galegas. 

"A tráxica mala fada que xa nos privou da súa celebración no ano 2015, volveu este ano, con máis virulencia se cabe, e obrigounos a botarlle o cancelo á Romaría cando andábamos entrelazando as derradeiras barazas da súa organización", apuntaban fontes do Concello de Celanova e da Deputación de Ourense quenes convocaron, a veciños e visitantes asiduos á festa, a unha celebración virtual. 

A idea é celebrar Raigame sen saír de casa e "de 10 en 10" como permite esta primeira fase da desescalada marcada polo Goberno central, celebrando unha comida familiar ou entre amigos "e logo compartir as imaxes da festa na rede co cancelo #Raigame2020", explican os organizadores, quenes tamén propoñen compartir imaxes dando fe da presenza noutras edicións anteriores de Raigame ou mesmo colgando vídeo deixando patente o que significa a festa de Raigame para cada un.

Te puede interesar