REDE PROVINCIAL DE AUDITORIOS

A Rede Provincial de Auditorios comezará a funcionar nos vindeiros días en 22 concellos de Ourense

Reunión da comisión de seguemento da Rede Provincial de Auditorios_result

Nace co obxectivo de ofrecer unha programación cultural coordinada entre Deputación e concellos, para  fomentar e difundir a música e as artes escénicas

A comisión de seguimento da Rede Provincial de Auditorios (REAOU), reuniuse esta mañá no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación, para abordar cuestións referidas a esta Rede integrada pola Deputación de Ourense e 22 concellos da provincia.

Na reunión, coordinada polos deputados provinciais de Cooperación, Pablo Pérez, e de Cultura, Manuel Doval, participaron representantes de cada un dos concellos adheridos a REAOU e técnicos das áreas de Secretaría, Intervención e Cultura.

O asesor de Cultura da Deputación de Ourense, Aurelio Gómez Villar, explicou que a Rede “comezará a funcionar nos vindeiros días con 22 concellos da provincia de Ourense, trala incorporación de sete municipios”. Deste modo, a Rede Provincial de Auditorios estará integrada, ademais dos concellos inicialmente adheridos: A Peroxa, A Rúa, Bande, Barbadás, Cartelle, Castrelo de Miño, Celanova, Coles, Montederramo, O Barco de Valdeorras, San Cristovo de Cea, Verín, Viana do Bolo, Vilamarín, Xinzo de Limia,  polos municipios de Pobra de Trives, Baltar, Castro Caldelas, Melón, Muíños, Vilar de Santos e Xunqueira de Ambía.

Gómez Villar destacou “o incremento do investimento da Deputación de Ourense para esta iniciativa, pasando dos 70.000 euros iniciais, aos 150.000 euros que actualmente destina para a Rede Provincial de Auditorios”, e salientou que no ano 2017, o ente provincial “aceptou todas as propostas culturais presentadas polos concellos adheridos”.

A Rede Provincial de Auditorios naceu co obxectivo de ofrecer unha programación cultural coordinada entre Deputación e concellos, para  fomentar e difundir a música e as artes escénicas na provincia de Ourense.

Te puede interesar