Exposición

"Nós naceu en Ourense hai cen anos", unha viaxe pola historia cultural da cidade e unha xeración única

OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 30/10/2020. OURENSE. Inauguración da exposición de cubos "Nós". FOTO: ÓSCAR PINAL

Miguel Caride, Gabriel Alén, Manuel Baltar, Maribel Outeiriño, Xosé Pastoriza, Pepe Araújo e ...
photo_camera Inauguración da exposición "Nós". Miguel Caride, Gabriel Alén, Manuel Baltar, Maribel Outeiriño, Xosé Pastoriza, Pepe Araújo e Laureano Bermejo //FOTO: ÓSCAR PINAL
A exposición consta de 9 cubos, un percorrido pola historia de Nós que resaltan a importancia  de Ourense na cultura galega. Está ubicada na rúa do Paseo, no tramo que vai da rúa Concordia ao Parque de San Lázaro

A exposición "Nós naceu en Ourense hai cen anos", un compendio de imaxes, ilustracións, textos e datos históricos que dan forma a unha mostra que resalta a importancia de Ourense na cultura galega, foi inaugurada hoxe no centro cultural Marcos Valcárcel da man da xornalista e escritora Maribel Outeiriño, o presidente da Deputación Manuel Baltar, o delegado de la Xunta Gabriel Alén e o director de La Región, Xosé Pastoriza.  Trátase dunha viaxe pola propia historia cultural de Ourense e de Galicia, unha revista que supuxo un salto cualitativo para a identidade galega e que nesta mostra segue a sorprender pola súa calidade, ideas e contido. 

Maribel Outeiriño, impulsora da mostra, sinalou na presentación que "esta revista impulsada por ourensanos no es una exaltación del provincialismo, es la unión de la curiosidad por lo que pasaba en el mundo y por la pasión por Galicia, que coincidieron en un mismo espacio y tiempo". Baltar, pola súa banda, lembrou que "facemos unha homenaxe aos cen anos da primeira publicación impresa en La Región, pero este recoñecemento debe ser permanente e ficar outros cen anos máis na conciencia colectiva porque na Xeración Nós temos que ver un dos símbolos a seguir".

Xosé Pastoriza lanzou unha mensaxe alentadora tomando como referencia ese legado: "Debemos tomar o exemplo da Xeración Nós para que rompamos as fronteiras que nos impiden mellorar. Este centenario non é un destino, debe ser un punto de partida para crear novas xeracións para converter a Ourense nunha cidade estratéxica para o futuro de Galicia". Nesa liña, manifestouse tamén Gabriel Alén: "Esta xeración transmítenos unha lección á sociedade actual, porque souperon adaptarse aos novos tempos". 

OURENSE (CENTRO CULTURAL MARCOS VALCÁRCEL). 30/10/2020. OURENSE. Inauguración da exposición de cubos

Xosé Pastroiza, Manuel Baltar, Maribel Outeiriño e Gabriel Alén. // Óscar Pinal

Son nove cubos que recollen temáticas referentes áo grupo e a Revista Nós, a o seu nacemento, desenrolo e traballos que realizaron os diferentes membros desta Xeración. Esta mostra, unha vez remate a súa estancia en Ourense, percorrerá diferentes concellos da provincia, como O Carballiño, Allariz, Xinzo de Limia, Verín, Ribadavia, O Barco de Valdeorras e Barbadás, que tamén son colaboradores deste evento cultural. A exposición, organizada por La Región, conta co patrocionio da Xunta de Galicia, Diputación de Ourense y Coren. Estará ubicada na rúa do Paseo, no tramo que vai da rúa Concordia ao Parque de San Lázaro, entre o 30 de outubro e o 30 de novembro. 

Ourense 30/10/20
Expo xeración nós rúa do paseo

Fotos Martiño Pinal

A mostra pode visitarse ata o 30 de novembro. // Martiño Pinal

LEGADO E EXPOSICIÓN

A historia cultural galega non sería a mesma sen a repercusión e o traballo que a Xeración Nós demostrou nos seus textos e compromiso pola terra, ao igual que Ourense non sería o referente cultural que é en Galicia sen autores coma Vicente Risco, Otero Pedrayo ou Florentino López Cuevillas, entre outros.

O seu "Boletín Mensual da Cultura Galega" supuxo fai 100 anos un punto de inflexión na propia idea de Galicia, da súa identidade e do concepto da súa capacidad intelectual, de presente e de futuro.

Con motivo do centenario da publicación do primeiro número deste boletín e o nacemento da Revista Nós, o 30 de outubro de 1920, hoxe venres inaugurase a exposición  "Nós naceu en Ourense hai 100 anos", un evento conmemorativo deste fito, no tramo da Rúa Paseo que vai dende a rúa Concordia á ata Bedoya- Parque San Lázaro.

ARTE E HISTORIA

nosexpo8887

A Xeración Nós e a súa importancia no impulso á cultura e á identidade galega teñen o seu refrexo na exposición "Nós naceu en Ourense hai cen anos".

A mostra, na que se fai un percorrido polas persoalidades, momentos históricos e as obras máis trascendentes desta xeración, estará aberta dende o 30 de outubro (día do centenario) ata o 30 de novembro.

A presentación será hoxe no Centro Cultural Marcos  Valcarcel, na que intervirá Maribel Outeiriño, responsable da mostra e impulsora do proxecto, autora da idea e da selección de textos que compoñen a exposición que permitirá aos ourensáns achegarse as personalidades, ideas e legado dun.

O obxectivo desta mostra é dar a coñecer aos ourensáns o que esta Xeración literaria supuxo para Ourense e para a cultura galega. A través de nove cubos nos que estean representados partes da historia de Nós, textos e fotografías, explícase a historia desta publicación, un movemento que tratou de modernizar Galicia, dignificar a súa cultura e a súa xente, ademais de deixar unha importante pegada en ámbitos que van dende o intelectual ata a identidade propia, da que segue influenciándose a literatura galega actual.

Nos diferentes cubos represéntanse as inquedanzas dos membros de Nós, a súa idea de modernizar Galicia e de ir máis alá cara un sentimento europeo pondo en valor a identidade e características únicas da nosa terra. Ese afán vese nesta exposición a través das ilustracións da revista, no devir da propia publicación e dos seus membros, coas influencias de todas as tendencias do seu tempo e que a día de hoxe seguen a estar vixentes.

O coidado arte e deseño da Revista Nós segue a ser tema de estudo a día de hoxe, un aspecto que a mostra pon en valor pola súa idea de vangarda que rompeu moldes e que marcou a moitos artistas de xeracións posteriores, onde a ilustración servía como complemento perfecto para os artigos da publicación.

PERCORRIDO E MEMORIA

Os nove cubos serven como un percorrido histórico non só polo legado cultural da Xeración Nós, senon tamén pola cidade ourensá e a súa imaxe nas primeiras décadas do século XX. Datos demográficos, sociais e etnográficos poñen aos visitante da mostrar en situación, con fotografías da época para dar contino á visión de Nós da cidade ourensá que viu nacer á revista.

FIGURAS FUNDAMENTAIS

A mostravicenterisco tamén pon en valor persoaxes coma Vicente Risco, un escritor e intelectual fundamentais para entender a importancia de Nós e da cidade de Ourense coma referente cultural, do mesmo xeito que a xeración Nós apostou por ideas como a importancia da educación e de unha Galicia forte e aberta a todo tipo de contidos universais, abrindo ás páxinas da revista a ideas innovadoras e moi avanzadas para aquela época

PERSPECTIVA

"Nós naceu en Ourense" é unha viaxe pola propia historia cultural de Ourense e de Galicia, unha revista que supuxo un salto cualitativo para a identidade galega e que nesta mostra segue a sorprender pola súa calidade, ideas e contido.

DATOS DA EXPOSICIÓN
NOME: Nós naceu en Ourense hai cen anos 1920/2020
LUGAR: no tramo da rúa Paseo que vai dende Concordia ata Bedoya-Parque de San Lázaro
DATAS: dende o 30 de outubroata o 30 de novembro

Te puede interesar