Infraestructuras

Reforma integral para a estrada de Montealegre

foto.reunion.reforma.vial.montealegre.2_resultado
photo_camera Reunión dos representantes das tres institucións, onte no Pazo Provincial.
A Deputación acorda cos concellos de Ourense en Pereiro o arranxo deste importante vial

A estrada que comunica a zona de Montealegre, na cidade, co concello de Pereiro de Aguiar, a través do parque empresarial, será, por fin, arranxada, logo de anos de desperfectos e queixas dos condutores.  A Deputación e os concellos de Ourense e Pereiro de Aguiar acordaron poñer en marcha un proxecto de reforma integral do firme.

 A institución provincial, mediante un convenio de colaboración que asinará co Concello de Ourense, será a encargada de redactar o proxecto de mellora do vial, que comunica a cidade co parque empresarial de Pereiro e que podería beneficiar ao redor de 110.000 persoas, segúndo cálculos do Concello de Pereiro.

Nunha xuntanza  de traballo celebrada onte no Pazo Provincial, as tres institucións acordaron iniciar os trámites para pór en marcha un proxecto de reforma integral da estrada de Montealegre. Asistiron o vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Ourense en funcións, Jorge Pumar; o alcalde de Pereiro, Luis Menor; o responsable de Infraestruturas do Concello de Ourense, Miguel Caride; e a directora o e coordinador desta área na Deputación e no concello, Marta Docampo e Ismael Méndez, respectivamente.

A Deputación e o Concello de Ourense levarán o peso do proxecto mediante un convenio, pero o Concello de Pereiro apoia a iniciativa ao ser un dos beneficiarios directos da reforma. Esta estrada, acutalmente chea de fochancas, parte do Auditorio municipal e comunica a cidade co parque botánico, o centro de menores da Xunta, a urbanización de Montealegre, o campo de golf, o parque empresarial de Pereiro e o complexo deportivo e de ocio de Monterrei, onde se ubicará o futuro parque acuático. 

Te puede interesar