Renovados dous parques en Coles por 30.000 euros

Un dos parques reformados, en Pol.
photo_camera Un dos parques reformados, en Pol.
O Concello de Coles rematou esta semana as obras de mellora de dous parques infantís por un importe de algo máis de 30.000 euros. O primeiro deles, en Mira de Cima, levou a maior parte da inversión, 24.000 euros, e un dos obxectivos, como explican dende o Concello, era “crear un elemento integrador e que non rompera a estética da zona natural na que está enmarcado sen deixar de lado a seguridade dos nenos”. Por outra banda, tamén se reformou, por 7.000 euros, outro no núcleo de Pol. Todas estas actuacións, nas que houbo un replanteo do parque e unha renovación dos xogos, están financiadas integramente polo Concello de Coles. 

Te puede interesar