Reunión entre Baltar e o xurado do Festival de Cine de Ourense

O presidente provincial calificou o encontro de "moi interesante e productivo"

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse hoxe no Pazo Provincial cos membros do xurado de longametraxes e curtas da 25ª edición do Festival de Cine de Ourense (OUFF), unha xuntanza na que participaron tamén os coordinadores do festival, Miguel Anxo Fernández e Aurelio Gómez Villar.

Baltar cualificou a reunión de “moi interesante e produtiva”, destacando a “satisfacción unánime do xurado polo OUFF e polo feito de que esta cita, o festival do cine en Galicia, siga tendo a visibilidade e a calidade que poñen de manifesto as proxeccións que se presentan para que eles ditaminen”.

O presidente do goberno provincial sinala que vai ser “unha semana apaixoante, un encontro coa sétima arte, e sobre todo, o poder de Ourense e a capacidade organizativa que desde hai anos levamos amosado na Deputación para levar a cabo un evento que vai marcar un antes e un despois na historia do festival”, expresa. 

Te puede interesar