literatura

Unha revista en galego recupera textos adicados a Otero Pedrayo

A publicación Cómaros está dirixida por David Casado, profesor de Eduación no Campus de Ourense

A revista electrónica de carácter anual Cómaros, que potencia ensaios relacionados Galicia, publicou o seu número dous adicado a Ramón Otero Pedrayo. A publicación recupera algúns dos textos da obra "Homaxe a Ramón Otero Pedrayo no LXX aniversario do seu nacemento", editada por Galaxia e na que se reflexa a última conferencia que o escritor ourensán pronunciou coma profesor universitario, en 1978., antes de xubilarse. Ese mesmo ano, un grupo de intelectuais galegos reuniuse para levarlle a Trasalba o libro-homenaxe.

"A revista Cómaros naceu coa intención de recuperar textos de interese para a cultura galega. Por mor diso, para o seu último número, a dirección da revista púxose en contacto coa Editoral Galaxia para reeditar un número de homenaxe que se fixo hai tempo na honra de Otero Pedrayo. Non se publicaron todos os textos, xa que ten a intención de ir sacando á luz todos os textos en galego", indica David Casado, profesor de Ciencias da Educacion do campus ourensán que dirixe a revista, xunto a Juan R. Coca, da Universidade de Valladolid.

A publicación recupera tamén un texto de Xesús Ferro Couselo titulado "Como e por qué os escribanos deixaron de empregar o galego".

Te puede interesar