CULTURA

A revista Minius inclúe artigos de fútbol ourensán e Couto Mixto

Minius.

A nova entrega da revista “Minius. Historia, Arte e Xeografía” recolle boa parte da tarefa investigadora das diferentes áreas que compoñen o Departamento de Historia, Arte e Xeografía da Universidade de Vigo, responsable desta publicación. Neste novo número recolle unha ampla gama de artigos como textos sobre o paleolítico en Galicia, os escritos no Salnés medieval, o Couto Mixto, os inicios do fútbol nos concellos de Ourense e Canedo ou o expediente Mouse e a creación dunha identidade nacional arxentina dende a independencia ata 1890.

Tamén fala da identidade social e valores en perspectiva galega no século XXI, a ordenación do territorio como función pública e o alcance da súa concepción e o triángulo consumo ou a responsabilidade e globalización en relación coa paz. Ademais, pódense ler reseñas de diferentes publicacións de investigadores da UVigo.

Te puede interesar