teatro

Revolución no escenario

Un dos momentos da obra "Casa de ilusións" (SABELA EIRIZ).
photo_camera Un dos momentos da obra "Casa de ilusións" (SABELA EIRIZ).

O Auditorio Municipal acolle hoxe dúas sesións da obra  "Casa de ilusións", unha das  propostas da Miteu para hoxe, interpretada pola compañía lucense da USC 

A Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU) ofrece este mércores festivo dúas novas opcións para disfrutar nesta tarde festiva. Unha delas, "Casa de ilusións",  por partida dobre no Auditorio Municipal e outra, "Algún amor que no mate", no Teatro Principal de Ourense. 

Os ourensáns terán hoxe dúas oportunidades para ver a proposta da compañía lucense da Universidade de Santiago de Compostela, a obra "Casa de ilusións", dirixida por Paloma Lugilde. 

Trátase dunha adaptación da obra "O Balcón" de Jean Genet na que  o "público está no escenario con nós" e na que ós asistentes "pódelles tocar en calquera das catro habitacións do prostíbulo" no que ten lugar a historia.  Alí, sinala Lugilde, o espectador ten unha función de "voyeur" porque asegura "ti espías o que está pasando nas outras habitacións" ata que chega o momento "no que ós pon a todos no que é unha revolución". Unha representación que, explica a súa directora, fai "unha crítica do que é as veces o movemento revolucionario sen situar a ninguén en ningún lado da verdade".

Paula Seoane, Pablo Fernández, Ramón Fernández, Antonela Sturla e Alejandro Muñoz darán vida aos protagonistas da obra. Catro homes que irán ó prostíbulo na procura duns roles de poder que "non teñen na sociedade", e dúas prostitutas.

Lugilde sinala que adaptou "O Balcón" á actualidade. Explica que vaise dar unha revolución na que se van a plantexar cousas, "sobretodo da situación da muller hoxe en día". Explica que os asistentes "non van quedar impasibles" porque forman tamén parte da obra e están cerca do que está pasando no escenario. n

Lugar: Auditorio Municipal 

Hora: 19,00 e 21,30

Entrada: 3 euros

Te puede interesar