Ourense

A Ribeira Sacra contará cun plan de sostenibilidade turística y Ourense Termal terá que agardar

Ourense

A Ribeira Sacra contará cun plan de sostenibilidade turística y Ourense Termal terá que agardar

A decisión a tomou o Goberno Central en base ás propostas da Xunta de Galicia

Galicia contará con dous plans de sostibilidade turística para a Ribeira Sacra e Santiago de Compostela. Estes plans terán como fin promover accións de promoción nestes destinos e mellorar a súa competitividade. A decisión foi trasladada hoxe polo Goberno central ao vicepresidente primeiro, Alfonso  Rueda, durante a reunión, por vía telemática, da Conferencia Sectorial de Turismo, á que tamén asistiron representantes do resto de comunidades autónomas e a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto.

Os programas de plans de sostibilidade turística foron unha das medidas acordadas o pasado xuño, na propia Conferencia Sectorial, para reactivar e dinamizar o sector. Dentro desta iniciativa, a Xunta propuxo un total de catro plans: o de Santiago de Compostela e a Ribeira Sacra, que foron aprobados; e outros dos para Ourense Termal –relativo a distintos concellos da provincia ourensá- e A Mariña Lucense.

Non obstante, e malia a intención do Goberno autonómico de cofinanciar os catro proxectos, o Goberno Central só aprobou dous. As propostas que presentou a Xunta foron as dos proxectos mellor puntuados dos 15 valorados por Turismo de Galicia, de acordo coa convocatoria desta liña de apoio aos destinos turísticos.

Más en Ourense