Ourense

A Ribeira Sacra opta a un plan turístico dotado con tres millóns

Ourense

EN OURENSE

A Ribeira Sacra opta a un plan turístico dotado con tres millóns

El catamarán que muestra la Ribeira Sacra (JOSÉ PAZ).
photo_cameraEl catamarán que muestra la Ribeira Sacra (JOSÉ PAZ).
AS Comarcas beneficiarias recibirán un investimento de tres millóns para os seus proxectos

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, espera que "o futuro Plan de Sustentabilidade Turística permita impulsar os valores da Ribeira Sacra como destino verde ligado á aposta polo medioambiente e a paisaxe cultural", según explicou tras a reunión con representantes do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra. Na iniciativa colaboran a Xunta de Galicia, o Goberno central e as entidades locais co obxectivo de "reactivar esta industria da man de actuacións respetuosas dende o punto de vista socioeconómico, ambiental e territorial". 

Os destinos que formen parte do Plan de Sustentabilidade recibirán un investimento de tres millóns que achegarán o Estado, as Comunidades Autónomas e as entidades locais e cuxo proxecto desenvolverase nun período de tres anos. 

Patrimonio da Humanidade

Según Rodríguez a Ribeira Sacra "cumpre con boa parte dos criterios específicos esixidos polo Goberno para formar parte desta iniciativa ao tratarse dun territorio que conforma unha marca turística diferenciada caracterizada pola súa paisaxe cultural, que encara a recta final para ser declarada Patrimonio da Humanidade no 2021". Rodríguez detallou que contar con espazos recoñecidos e protexidos pola Unesco será un dos criterios que se terán en conta á hora de asignar aPlan de Sustentabilidade. 

Entre as actuacións que se financiarán no marco deste programa destaca a creación de novos produtos, a sinalización de recursos, actuacións de embelecemento de cascos históricos ou a aplicación de novas tecnoloxías para o seguimento da demanda turística. Rodríguez insistiu en que esta proposta suporía un impulso para a proxección turística da Ribeira Sacra.