Patrimonio

A Ribeira Sacra recibe o apoio dos consellos do viño

David Palacios e Román Rodríguez, á esquerda, ante os representantes dos consellos.
photo_camera David Palacios e Román Rodríguez, á esquerda, ante os representantes dos consellos.
Un total de 54 denominacións de orixe respaldan que sexa Patrimonio da Unesco

A Conferencia Española de Consejos Reguladores Vitivinícolas, que participou estes días na Ribeira Sacra da XXIV Asemblea Xeral deste organismo e representa a 52 Consellos Reguladores dun total de 54 denominacións de orixe vitivinícolas, ven de apoiar a través da sinatura do documento de adhesión á candidatura da paisaxe cultural da Ribeira Sacra no seu percorrido cara a inclusión da mesma na Lista do Patrimonio Mundial da UNESCO. 

Así o referendaron onte, o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, e o presidente da CECRV, David Palacios, coa sinatura do documento de adhesión da CECRV á candidatura da paisaxe cultural da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial da UNESCO, que suma á causa o apoio dunha asociación que representa os intereses de preto de 110.000 viticultores que comercializan o 98% da produción nacional de viño con denominación de orixe.

O conselleiro agradeceu o apoio da CECRV, que representa a un sector "moi importante no económico e no cultural" e destacou o legado vitícola da Ribeira Sacra "que é pasado, presente e futuro desta zona".

Na devandita adhesión destácase que a Ribeira Sacra é un exemplo excepcional dun poboamento tradicional da Europa Atlántica, representativo da interacción do ser humano co medio, ao intervir este na construción de terrazas monumentais nas ladeiras dos canóns do Sil e o Miño. E cualifícao como un "sobranceiro espazo no que desde tempos inmemoriais se desenvolve unha cultura vitícola, cun traballo, intelixencia e tesón mantido no tempo que a fixo merecente do apelativo de heroica", segundo se recolle no documento.

Te puede interesar