A Ribeira Sacra renova o seu mapa turístico

Las vistas desde el mirador del Alto de A Picota (Ribeira Sacra).
photo_camera Ribeira Sacra
Onte tivo lugar a primeira reunión do pleno do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra tras a incorporación dos últimos cinco concellos e a última antes da celebración das eleccións municipais

Un punto que ocupou unha parte importante da sesión e cun marcado carácter simbólico foi a presentación do novo mapa turístico, no que se integran os cinco concellos na ampliación formalizada o pasado 20 de abril. Tamén se deu conta da concesión dun novo Plan de Sostibilidade Turística de 2.000.000 de euros en base ao proxecto presentado polo Consorcio na convocatoria extraordinaria da Secretaría de Estado de Turismo.

Así mesmo, o presidente comunicou a recepción da resolución provisional de aprobación dunha achega de 1.500.000 euros polo IDAE ao amparo da convocatoria Moves Singulares II (2ª convocatoria). Esa achega forma parte “dun proxecto ambicioso en materia de mobilidade turística”.

Te puede interesar