mascotas

Rochi Nóvoa e o pequeno gran Xurés

Rochi e a súa irmá Maly con Xurés.
photo_camera Rochi e a súa irmá Maly con Xurés.

"É o bebé da familia e por suposto o mal criado da avoa e do avó, que xunto coas tías, sáltanse iso das comidas coidadas", comenta a poetisa

A poetisa Rochi Nóvoa e a súa familia teñen en Xurés a un fiel compañeiro de aventuras. Con 2,700 quilos de peso é todo un fervello que lle gusta rillar todo o que atopa e meterse na cama, a xogar e ao calorciño. Calorciño do que tamén goza durante os días máis fríos no pobo de Sobradelo, Xunqueira de Ambía, onde é moi feliz. "Xurés é un nome ben pequeno para un can tan grande. É o bebé da familia e por suposto o mal criado da avoa e do avó, que xunto coas tías, sáltanse iso das comidas coidadas", comenta Rochi.

A alegría que ten cada vez que chega a familia é tal que "nos recibe como un malabarista ata que o collen no colo. Eso si, se ven alguén de fóra, temos que aguantar os seus ladridos de desconfianza durante 10 minutos. Despois xa se afai á xente e é todo un amor". 

Como non podía ser menos, visitou varias veces o Xurés, un paraíso natural no que sentirse totalmente en liberdade.

Rochi Nóvoa recorda dende sempre vivir rodeada de animais. "Sócrates foi o primeiro can que tiven, a segunda Xami, un pastor alemán, e, por último, Xurés, que leva dous anos na casa". 

Un momento no que o pasaron especialmente mal con Xurés foi cando "chegou todo cheo de pulgas e parásitos dos que fixo falla máis de 6 meses para recuperalo". 

Te puede interesar