Ourense

Rogelio Martínez: “Voume pola renovación, a miña imputación é un auténtico esperpento"

Ourense

CAMBIOS EN LA XUNTA

Rogelio Martínez: “Voume pola renovación, a miña imputación é un auténtico esperpento"

Martínez considera que "remató una etapa" y que "toca renovar" al gobierno.

Rogelio Martínez González (Arnoia, 1956) vaise da Delegación territorial tras sete anos no cargo e nove como imputado por un presunto delito de malversación de caudais públicos (o caso fora archivado polo Xulgado de Ribadavia, a petición do Ministerio Fiscal, pero reabriuse por orde da Audiencia provincial), en relación coa xestión de fondos europeos en diversas obras do municipio de Arnoia, na súa etapa de alcalde dese Concello. Pero Martínez non ve relación entre a imputación e o seu cese, que atribúe a un desexo de renovación por parte do presidente da Xunta. E di que a súa sucesora, Marisol Díaz, é unha persoa con experiencia na Delegación, ademáis de leal e traballadora.

Vaise moitos anos despois de que a oposición política pedise a súa renuncia.

Si. Cando me nomearon dábanme pouco tempo no cargo, pero xa pasaron sete anos.

Foi esa imputación xudicial a causa do seu relevo na Delegación territorial?

De ningún xeito. A imputación é un sinsentido, un esperpento; porque a acusación pública, o Ministerio Fiscal, nunca acusou e o denunciante, o BNG, retirouse. Eso é que non hai nada detrás; de feito, a Fiscalía pediu o arquivo do caso. Por eso, o presidente da Xunta sempre me denfendeu e mollouse co meu nomeamento. 

Cal é entón, segundo vostede, a razón ou razóns do seu cese ou relevo?

Voume porque estamos nun momento de renovación, nunha nova etapa, que xa iniciou o presidente coa remodelación do seu Goberno. Eu agradezo a confianza de Feijóo nestes anos, sei que ten un bo concepto de mín e agradézolle ao Goberno o seu trato comigo.

Marcha contento co seu traballo ao frente da Delegación territorial?

Estou moi satisfeito co que fixen, co meu labor que, ademáis, iniciouse nuns momentos complicados, cunha nova organización autonómica e en épocas moi complexas, derivadas da crise económica. Pero tamén entendo que nesas circunstancias demos o mellor servizo. Pero non pasa nada, hai vida despois desta etapa política.

Como coñeceu que ía ser relevado do cargo?

Chamoume o presidente onte (polo mércores) á tardiña e comunicoumo. Díxome que ía afrontar "unha renovación necesaria".
 

Esto é o fin da súa vida política ou cre que aínda pode dar outro paso adiante no futuro?

Primeiro teño que solucionar a miña vida persoal, pero eu seguirei sendo político, porque é o que quero. Formo parte do PP, son militante e ata presido unha xunta local. E estou a plena disposición do meu partido; seguirei estando aí para o que o PP necesite.

Que cre que vai pasar coa súa imputación?

Nada. Porque é un esperpento. Insisto: os propios denunciantes retiráronse e o fiscal pediu o arquivo. Que se comprobe todo eso porque canta máis investigación se pedía, máis se comprobaba que non hai nada detrás. 

Como califica á súa sucesora, Marisol Díaz?

Foi a miña man dereita, coñece a administración perfectamente e é unha persoa traballadora e leal a quen estaba ao frente da Delegación. 

Cal será seu futuro inminente?

Ceso formalmente no DOG de mañá (por hoxe) e nun mes debería incorporarme o meu traballo bancario, do que estaba en excedencia forzosa. Pero vou ver como vai ser porque eu era empregado de Caixa Ourense, que xa non existe; agora é Abanca.