A ruta do río Formigueiro en Amoeiro, lista antes do verán

Visita de Quiroga a Amoeiro, onte.
photo_camera Visita de Quiroga a Amoeiro, onte.

A ruta fluvial dos muíños do río Formigueiro, no concello de Amoeiro, estará rematada antes do verán, segundo confirmou onte o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, José Antonio Quiroga, que estivo acompañado polo alcalde, José Luis González. O presidente do organismo de conca achegouse onte ata o concello para supervisar o estado duns traballos que se iniciaron o pasado mes de outubro e que contan cunha financiación de preto de 200.000 euros nesta segunda parte.

Este proxecto completa as obras executadas nunha primeira fase, que superaron os 200.000 euros de orzamento, e que consistiron na construciión dunha senda fluvial de 655 metros con tramos de pasarela, escaleiras e dous miradoiros, rematada hai un ano. Agora, estas obras consisten na restauración e mellora dos muíños e dun poldrao, así como da limpeza e conservación das marxes do río Formigueiro. “El objetivo es una conservación y mejora del entorno fluvial con un marcado valor ecológico y una fuerte identidad paisajística”, subliñou Quiroga na súa visita a Amoeiro.

Te puede interesar