Unha ruta pola igualdade chega o sábado á Gudiña

A camiñata partirá, ás 16,00 horas da tarde, da área de descanso de A Gudiña.

A primeira ruta "Pasos pola igualdade" chegará ao Concello de A Gudiña o vindeiro sábado, día 14 de marzo, co obxectivo de conmemorar a semana adicada á muller. 

A iniciativa está promovida polo Centro de Información á Muller -CIM- da Mancomunidade Conso Frieiras e polo propio Concello de A Gudiña -colaboran Cruz Vermella, a Xunta, o Goberno central e o Fondo Social Europeo-, e para participar será necesario inscribirse previamente nas oficinas do Centro de Información á Muller. 

Durante o percorrido haberá actividades de concienciación e prevención da violencia de xénero, así como para o fomento da igualdade entre homes e mulleres e para o empoderamento feminino. A camiñata partirá, ás 16,00 horas da tarde, da área de descanso de A Gudiña.

Te puede interesar