Salesianos conmemora as Letras bailando Terra

photo_camera El centro escolar ha dedicado una jornada a celebrar el Día das Letras Galegas, y rendir homenaje al autor con diversas actividades.
O alumnado achegouse á figura de Florencio Delgado Gurriarán

O colexio María Auxiliadora Salesianos de Ourense celebrou onte media ducia de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. O evento comezou ás 12,30 horas e tivo lugar no patio central do centro. Despois dunha breve presentación, un grupo de rapaces fixo unha explicación da necesidade de celebrar o día da lingua de Rosalía.

Despois disto, fíxose unha presentación da figura do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, o homenaxeado deste ano, a partires dos carteis realizados polo alumnado de Primaria previamente traballados nas súas aulas. Posteriormente, os delegados da ESO e de Bacharelato achégaronse a botar unha flor sobre unha bandeira galega mentres un representante da súa aula lía o lema preparado polos seus compañeiros.

Para finalizar estas xornadas de celebración das nosas letras, todos os alumnos do centro escoitaron a interpretación do himno galego, para rematar por todo o alto facendo unha gran coreografía conxunta do tema das artistas máis relevantes en lingua galega de todo o 2022: Terra, das Tanxugueiras.

Te puede interesar