UVIGO

Salustiano Mato: "Grazas pola lealdade institucional e o cariño do órgano colexiado"

cg1
photo_camera O reitor saínte agradeceu a lealdade do órgano colexiado e desexou sorte ao seu sucesor.

O reitor saínte da Universidade de Vigo tamén aproveitou para desexar "sorte e éxito" ao seu substituto, Pachi Reigosa

O reitor saínte da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, agradeceu este mércores aos membros do Consello de Goberno na sesión ordinaria celebrada, o labor desenvolvido os últimos 8 anos, as dúas lexislaturas que dirixiu o órgano colexiado. "Grazas pola súa asistencia constante, pero sobre todo pola compresión, confianza, compromiso, crítica, lealdade institucional e cariño. Quero que quede claro, ao final desta lexislatura, que isto foi o que percibiu este equipo de goberno", declarou Mato.

Aproveitou para desexar sorte ao reitor electo, Pachi Reigosa, presente na sesión como membro do consello: "Desexo o mellor dos éxitos".

O docente do Departamento de Economía Aplicada, José Carlos Álvarez Villamarín, agradeceu o traballo desenvolvido por todas e todos os integrantes dos equipo de goberno baixo o mandato de Mato:" Amosando un compromiso coa forro nunha época dura, asumiron un traballo difícil, escuro, complicado e incomprendido, pero cunha intensidade e dedicación, digna de agradecer". Tamén tivo palabras de agadecemento Luis Pérez, representante sindical do PAS: "Creo que se fixo unha xestión ante uns elementos externos con moito perigo ideolóxico, económico e político e quero recoñecelo publicamente".

Te puede interesar